10 de Outubro de 2023

O sector inmobiliario rexeita a petición de declaración de zonas tensionadas da Coruña e Santiago de Compostela

Reclamama  máis seguridade xurídica e económica para os propietarios de vivendas

O Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da provincia da Coruña, o Colexio Oficial de Administradores de Inmobles de Galicia, o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña e a Asociación Provincial de Promotores Inmobiliarios da Coruña rexeitan a petición dos Concellos da Coruña e Santiago de Compostela para que sexan declarados “zona de mercado residencial tensionado”.

As catro entidades consideran que se trata dunha medida que debe ir precedida dunha ponderada análise das circunstancias concorrentes en cada localidade e cada barrio e, moi especialmente, dos posibles efectos negativos que esa declaración pode supor para as ditas cidades. Neste sentido, lembran que os principais efectos, como a limitación das rendas e o alongamento dos prazos dos contratos, xa existiron en épocas pasadas e a súa principal consecuencia aínda é visible hoxe día: un parque de aluguer moi reducido, moi pouco profesionalizado, sobre vivendas en bastante mal estado en moitos casos, e, como consecuencia de todo iso, sometido a enormes tensións nos prezos e nos prazos.

Por iso, os representantes dos devanditos colectivos profesionais cren que para incrementar a oferta de vivenda en aluguer e facilitar, con iso, que se conteñan os prezos, e partindo de que máis do 90% do mercado de vivenda en aluguer está en mans de pequenos propietarios ou familias, debe dotarse aos propietarios da necesaria seguridade xurídica e económica (por exemplo, con seguros de falta de pagamento e de desfeitas nas vivendas), axilizando a recuperación das vivendas en caso de falta de pago e garantindo o normal desenvolvemento dos contratos de aluguer. Con iso conseguiríase a inmediata posta no mercado das vivendas baleiras, coa rehabilitación das que non reúnan, hoxe en día, as condicións necesarias de accesibilidade e habitabilidade. Así mesmo, pídese que os Concellos liberen chan público para a construción de vivenda en aluguer alcanzable, a axilización das licenzas para a construción de vivendas que ampliaría o parque inmobiliario residencial así como máis axudas para a rehabilitación.

O catro entidades ofrécense a colaborar, como sempre fixeron, coas distintas Administracións Públicas para conseguir estes obxectivos, de modo que, entre todos, consígase limitar a espiral alcista dos prezos das vivendas, tanto en venda como en aluguer.