10 de Outubro de 2024

As comunidades de propietarios poderán prohibir as VUT por maioría de tres quintos

Así o establece recente sentenza do Tribunal Supremo

O COAFGA valora positivamente a Sentenza do Tribunal Supremo, que establece que as comunidades de propietarios poderán prohibir as VUT por maioría de tres quintos xa que, en xeral, os pisos turísticos xeran serios problemas de convivencia.

Esta é a segunda Sentenza do Alto Tribunal favorable á prohibición se se alcanza a maioría necesaria que establece a Lei de Propiedade Horizontal.

No ditame considérase que é un abuso que o propietario impoña ao resto de propietarios e arrendatarios, unha actividade comercial que contrasta coa natureza residencial do edificio.

Os administradores de leiras colexiados interpretaron, desde a aprobación da normativa, que o artigo 17.12 da Lei de Propiedade Horizontal,  prohibía os pisos turísticos se se alcanzaba o acordo das 3/5 partes dos propietarios que, á súa vez, representasen os 3/5 das cotas de participación, pero as sentenzas contraditorias das distintas Audiencias Provinciais, nas que algunhas resolucións consideraban que era necesaria a unanimidade, estaba a xerar que se presentasen, cada vez máis, recursos xudiciais.

Con esta Sentenza queda claro que non é necesaria a unanimidade para prohibir unha actividade turística nunha Comunidade de Propietarios, e ao establecer que o acordo se pode tomar polas 3/5 partes dos copropietarios, é moito máis fácil e áxil que a comunidade poida chegar a un acordo nesta cuestión.