10 de Xullo de 2023

O COAFGA alerta sobre o mal estado dos pisos que se alugan a estudantes

Ofrecen consellos para non equivocarse ao arrendar un inmoble

O Colexio Oficial de Administradores de Inmobles de Galicia (COAFGA) volve alertar de que moitos dos inmobles que se alugan en Galicia a estudantes universitarios non reúnen as condicións adecuadas para habitar neles e teñen un prezo moi elevado.

 

Desde a corporación lembran que os pisos en aluguer deben ser aptos para o seu uso, reunindo unhas condicións mínimas de habitabilidade. Ademais deben dispor de instalacións seguras e actualizadas de gas, electricidade e auga.

 

Inmobles non aptos

Pódense considerar non aptos para ser habitados os pisos que teñan graves danos ou humidades insalubres, características que presentan algúns inmobles que están no mercado de aluguer, segundo manifestaron algúns colexiados que exercen a súa actividade en Santiago de Compostela.

 

Aínda que os estudantes teñen fama de ser pouco coidadosos, desde o COAFGA lembran que, “gozan dos mesmos dereitos que calquera arrendatario e nada xustifica que os pisos que se alugan a este colectivo non cumpran os requisitos mínimos de habitabilidade, como ter humidades, desconchados, electrodomésticos con funcionamento deficiente e, mesmo, mobles rotos”, apostilan.

 

Fianzas para arranxo de danos

 

Tamén sinalan que as fianzas que se piden para arrendar son precisamente para a reparación dos danos que se puidesen producir durante o tempo que o inmoble está alugado e agregan que tamén se poden esixir outras garantías de pago para asegurar reparacións ou o cobro de rendas.

 

Desde Colexio recomendan aos mozos que coa firma do contrato de aluguer esíxase o Certificado Enerxético da Vivenda e, despois de asinado, o xustificante do depositar a fianza no Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

 

Por último, lembran que non se poden facer festas nocturnas que molesten á comunidade de propietarios e aos veciños do edificio.

 

 

Consellos para estudantes que buscan piso de aluguer

 

  1. Busca, compara e, se atopas algo mellor, cambia. (tómache o teu tempo).
  2. Non te enganes: as gangas non existen.
  3. Non aceptes pagar por ver unha vivenda
  4. Nunca alugues sen ver antes a vivenda.
  5. Non alugues se a vivenda ten danos ou está en mal estado.
  6. Comproba o estado das instalacións.
  7. Procura que se inclúa no contrato a todos os estudantes que van arrendar.
  8. Ten a túa documentación preparada e o diñeiro da fianza a man.
  9. Para pechar o contrato é moi importante ter a documentación do pai/nai que vaia como avalista ou as garantías de pago que poida pedir o arrendador. Esta parte pode marcar a diferenza entre que che aluguen ou non con máis rapidez. A maioría de propietarios busca seguridade.
  10. Demostra que es unha persoal formal.
  11. Pide sempre unha copia do contrato.
  12. Esixe Certificado Enerxético da Vivenda coa firma do contrato e despois o xustificante do depósito da fianza.
  13. Diríxeche a un profesional colexiado para asesorarche. Busca a casiña