31 de Maio de 2023

Convenio de colaboración co COAPI Coruña

Os profesionais de ambas as entidades poderán acudir ás accións formativas que organicen os dous colexios profesionais

O Colexio de Administradores de Inmobles de Galicia (COAFGA) e o Colexio Oficial e Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña (COAPI) asinaron un acordo de colaboración que sitúa no eixo central a formación dos seus colexiados en materia de vivenda e naquelas áreas que compartan no seu exercicio profesional.

O convenio, que foi asinado o pasado venres 26 de maio na cidade herculina polo presidente do Colexio de Administradores de Inmobles de Galicia, Martín Bermúdez de la Puente González del Valle e a máxima responsable do COAPI, Patricia Verez Cotelo, pretende estreitar o vínculo entre ambas as entidades e cooperar de forma activa en materia de formación dos colexiados de ambas entidades.

Desde este momento, os profesionais agrupados no COAFGA poderán acudir aos eventos (conferencias, cursos, xornadas, exposicións, presentacións…)  que se celebren en COAPI,  e os colexiados do COAPI poderán optar ás accións que celebre o Colexio de Administradores de leiras, en igualdade de condicións que os propios colexiados e segundo dispoñibilidade de prazas.

Ambas as corporacións tamén se compromente a organizar accións conxuntas de interese para os seus respectivos colexiados, así como reforzar a formación en materia de vivenda.

O acordo terá unha duración indefinida e senta as bases a futuras colaboracións entre ambas as entidades para dotar aos seus profesionais dos mellores recursos e ferramentas para garantir un servizo de calidade e excelencia na súa desempeño profesional.