Celebramos a Xunta Xeral de Colexiados, un dos encontros profesionais máis importantes do ano
O Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia, COAFGA, que agrupa a máis de 600 profesionais, celebrou o 18 de marzo na súa sede central na Coruña a Asemblea Xeral de Colexiados, un evento que reuniu a toda a familia profesional para dar contas da xestión corporativa e aprobar as liñas estratéxicas e os orzamentos para o exercicio en curso.
No encontro, no que estiveron presentes todos os membros da xunta de goberno da corporación, espuxéronse os obxectivos do próximo exercicio, entre os que cabe destacar seguir crecendo como colexio; contribuír á mellora e modernización das comunidades de propietarios galegas aproveitando todas as oportunidades que brindan as administracións públicas, con axudas como as que sairán en breve para rehabilitación enerxética de vivendas con cargo aos fondos europeos Next Generation; e pór en valor a profesión do administrador de leiras colexiado, visibilizando e difundindo o seu labor a través de todas as canles colexiais e medios de comunicación social.
Subida factura enerxética
Durante a sesión, se establecieron estratexias para xestionar con eficacia os retos aos que se enfronta a profesión e mostrouse moita preocupación pola subida da factura da luz e os carburantes que está a afectar ás comunidades de propietarios. Tamén se alertou do incremento da morosidade, e é que un 35% das comunidades ten, polo menos, un veciño moroso, segundo un estudo do Consello Xeral de colexios de AF colexiados.
Labor pouco coñecida, pero fundamental
O labor dos administradores de leiras colexiados é pouco coñecida para o público en xeral, aínda que cada vez son máis as obrigacións das comunidades que supoñen un reto e un incremento de traballo para estes profesionais.
Entre as súas tarefas máis comúns atópanse a xestión contable da comunidade, revisión de ingresos, gastos e da conta comunitaria; confección e tramitación de impostos; xestión de obras; resolución de conflitos; tramitación de seguros e sinistros; encargo e llevanza das inspeccións obrigatorias nos prazos establecidos; xestión de obras e reparacións…
Os AF colexiados ademais teñen que ter coñecementos sobre subvencións ás que pode optar a comunidade en cada momento, inspeccións obrigatorias e novidades lexislativas, entre outras moitas cuestións relacionadas cos edificios que administran e os seus elementos.
Respecto dos alugueres (administración vertical), entre as súas tarefas destacan a redacción de contratos, revisión de cumprimento de normativa, xestión de fianzas, administración integral das propiedades, xestión de avarías ou reparacións, xestión de subministracións, tramitación de impostos, no seu caso, etc..
A importancia de colegiarse
Todo iso pon de relevo a importancia da colegiación que garante a formación continuada con cursos e relatorios sobre asuntos importates, novidades lexislativas, subvencións, xurisprudencia, impostos, inspeccións obrigatorias, reciclaxe, comunicación, etc. e préstase apoio aos administradores de leiras colexiados, ademais de asesoramento xurídico e servizo online para axuda na súa actividade profesional.
Cada colexiado conta ademais cun seguro de responsabilidade civil para maior garantía dos seus administrados