Celebramos reunións cos colexiados de Pontevedra e Ferrol
O novo equipo de goberno do COAFGA presidido pola coruñesa Teresa Suárez Agrasar celebrou reunións cos colexiados de Pontevedra e Ferrolterra o pasado mes de febreiro e comezos de marzo. O propósito do encontro foi explicar a folla de ruta que seguirá a nova directiva durante os próximo meses co obxectivo posto na dignificación da profesión e animar á colegiación aos titulados que aínda non exercen baixo o paraugas da corporación galega.
Lei de Vivenda, Vivendas de Uso Turístico, conversión en vivenda dos baixos, tramitación dos fondos Next Generation… son algúns dos desafíos aos que se terán que enfrontar os propietarios e os AF colexiados son os profesionais máis cualificados para xestionalos con solvencia e eficacia.
Durante estes próximos meses seguiremos mantendo entrevistas cos compañeiros de diferentes localidades, a fin de coñecer os seus problemas e ofrecer saídas oportunas para que a xestión das comunidades sexa eficaz e solvente.