30 de Xuño de 2022

Activado buscador de arquitectos técnicos colexiados expertos en rehabilitación

Estes expertos poderanche asesorar na solicitude de axudas dos Fondos Next Generation

Informámosvos de que na páxina web do Consello Galego de Aparelladores e Arquitectos Técnicos (aparelladores.org) habilitouse un buscador de colexiados especialistas en rehabilitación enerxética, co que se poderá localizar un/unha profesional da arquitectura técnica que asesore en materia de rehabilitación enerxética, elabore a documentación ou proxecto técnico, emita certificacións enerxéticas, redacte libros do edificio existente (LEEx) e informes de avaliación de edificios (IEE) ou calquera outra actuación ou documentación necesaria para o desenvolvemento de rehabilitacións ou melloras nos edificios de vivendas ou vivendas unifamiliares que poidan ser obxecto de subvención a través dos fondos Next Generation da EU.

Accede desde aquí: https://www.coatac.es/portada/registroRehabilitacionEnergetica