09 de Xaneiro de 2025
Banco Sabadell e os administradores de inmobles de Galicia renovan a súa colaboración
Banco Sabadell e o Colexio de Administradores de Inmobles de Galicia asinaron un acordo de colaboración para pór a disposición dos colexiados a oferta da entidade bancaria dirixida a colectivos profesionais.
O acordo, subscrito o pasado 10 de decembro entre David Martís Sánchez, representante da entidade bancaria, e Teresa Suárez Agrasar, presidenta do Coafga, detalla unha serie de condicións especiais na contratación de produtos e servizos da entidade, entre os que se atopan solucións para a xestión diaria, solucións de financiamento; activos fixos; solucións de protección e contas expertas en comunidades de propietarios.