22 de Setembro de 2022

Pedimos que as comunidades con calefacción central poidan acceder á TUR de gas

Sinalan que a redución do IVE do gas 21% ao 5% é moi positiva

Os administradores de fincas colexiados pedirmos o pasado 21 de setembro a través do noso Consello Xeral que as comunidades de propietarios con calefacción central poidan acollerse á tarifa regulada (ou tarifa de último recurso, TUR) ante a «incerteza dun inverno cunha subministración insuficiente no mercado libre e a subida dos combustibles».

Nese sentido, consideramos no contexto enerxético actual será «moi difícil que os veciños poidan asumir os custos deste servizo».

Así, existe o paradoxo de que unha casa «moi pouco eficiente e considerada de luxo», como un chalé unifamiliar, pode gozar dunha tarifa regulada e unha vivenda con calefacción central comunitaria, un sistema «máis popular e eficiente», está no mercado libre «pagando máis do dobre por quentar a súa vivenda».

Tamén sinalamos que moitas comunidades de propietarios con calefacción centralizada non van poder asumir as facturas enerxéticas e isto levará unha redución de temperaturas que repercutirá negativamente na saúde dos veciños e, en determinados casos, suporá ter que deixar de prestar o servizo de calefacción central.

Aumento da morosidade

No entanto, desde a organización valoramos de forma «moi positiva» a redución do IVE do gas 21% ao 5%, aínda que estamos a traballar para que se prorrogue esta redución en 2023 para loitar contra a «pobreza enerxética».

Doutra banda, apuntamos que o aumento do prezo das tarifas enerxéticas, como as de electricidade ou o gasóleo e, fundamentalmente do gas, está a afectar «moi negativamente ás comunidades de propietarios», que «xa tiveron que elevar os seus orzamentos» e «reducir o horario de calefacción», entre outras medidas.

Neste escenario de prezos elevados da enerxía, destacamos que aumentará a morosidade nas comunidades de propietarios se non se adoptan medidas como a posibilidade de que estas se acollan á TUR.

Doutra banda, desde o Coafga aconsellamos que os particulares e as comunidades de propietarios soliciten os fondos europeos para a rehabilitación dos edificios e vivendas que melloren a eficiencia enerxética.

«Aínda que é fundamental solicitar estes fondos para realizar as obras correspondentes, os seus resultados veríanse a medio e longo prazo, mentres que só coa aplicación da tarifa regulada os veciños con calefacción central poderán afrontar o próximo inverno», agregamos desde o Coafga.

 

(fotografía: Europa Press)