As xuntas de propietarios poderán prohibir aos veciños morosos o uso de servizos comunitarios como piscinas
O Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) lembra que o pasado 16 de xuño entrou en vigor a reforma da Lei de Propiedade Horizontal aprobada recentemente polas Cortes Xerais co obxectivo de facilitar ás comunidades de propietarios a rehabilitación de vivendas cos fondos europeos Next Generation.
O cambio normativo tamén pretende dotar ás xuntas de propietarios de máis ferramentas para facer fronte á falta de pagamento das cotas por parte dos veciños morosos, axilizando as reclamacións e podendo adoptar medidas disuasorias, como a de prohibir temporalmente o uso de servizos comúns como instalacións deportivas ou piscinas, entre outras.
A reforma afecta concretamente ao artigo 21 da LPH sobre o xuízo monitorio especial, que queda redactado da seguinte maneira “Posibilidade de adopción de medidas especiales para combater a morosidade: establecimiento de intereses superiores ao interese legal ou privación temporal do uso de servizos e instalaciones”.
Tamén se establece como norma xeral que os créditos comunitarios devengarán intereses desde que deba efectuarse o pago e recolle expresamente que para que o administrador poida esixir xudicialmente a débeda debe acordalo así a Xunta de propietarios.
Os debedores terán que pagar honorarios de avogado e administrador
Así mesmo, o certificado de débeda emitido polo secretario, que debe de presentarse xunto ao monitorio, non vai necesitar o visto bo do presidente nos casos nos que Secretario-Administrador sexa unha persona con cualificación profesional recoñecida legalmente.
Na demanda do proceso monitorio tamén se permite a inclusión das cuotas aprobadas que se devenguen ata a notificación ao veciño moroso da deuda e recóllese expresamente que na certificación da falta de pagamento debe constar o importe debido e tamén a súa desagregación.
Ao veciño moroso poderánselle repercutir gastos antes de presentar o xuízo monitorio, incluso os derivados da intervención do secretario administrador, como notificacións e honorarios polas xestións realizadas.
Tamén se lle poderán reclamar honorarios de avogado e procurador, aínda que a súa intervención non sexa preceptiva e esténdese á fase de execución do monitorio. Nos casos nos que exista oposición do moroso ao monitorio, a sentencia deberá condenarlle en costas.
Uso do fondo de reserva para obras de mellora enerxética
A nova Lei de Propiedade Horizontal tamén amplía a posibilidad de utilizar o fondo de reserva para a realización das obras de accesibilidad e mellora energética recollidas no artigo e establece que os acordos da xunta de propietarios para aprobar as actuacións serán por maioría simple non maioría cualificada.
Tamén se rectifica o importe máximo repercutido anualmente para que poida adoptarse o acordo obrigando a todos os propietarios, pasando de 9 a 12 mensualidades.
Deducións no IRPF
As Cortes Xerais tamén aprobaron o proxecto de Lei de impulso da rehabilitación e mellora de vivendas e edificios. O mesmo inclúe tres deducións por obras na cota do IRPF. Como novidade, non se integrarán na base impoñible. Así se elimina o impacto fiscal para o seu perceptor.
O COAFGA ordena o exercicio da profesión en base a principios de deontología, independencia e responsabilidade, promovendo a capacitación dos seus colexiados, a través da formación e asesoramento continuo, co fin de garantir a calidade e eficacia dos servizos que ofrecen.