COMO PRESENTAR RECLAMACIÓNS E QUEIXAS
A través deste servizo, calquera persoa que desexe presentar unha queixa ou reclamación respecto da actuación dun administrador de fincas que entenda constitutiva de infracción disciplinaria, poderá facelo:
- De forma presencial (na sede do Colexio), por correo postal ordinario ou por fax: nestes casos, é imprescindible cumprimentar todos os campos do formulario que figura máis abaixo e achegar copia de documento oficial (DNI ou similar) que lle identifique.
- Por vía telemática, con DNI Electrónico ou certificado dixital, cubrindo o formulario que se atopa nas apartado “Reclamacións e Queixas Online” desta páxina web. Será necesario ter instalado no seu computador a última versión do programa Autofirma. Se o sistema dá algún erro, tras subsanalo volva ao inicio; o borrador da súa queixa estará gardado para volver presentalo.
Para máis información pode consultar o réxime disciplinario e procedemento contido nos estatutos colexiais que se atopan á súa disposición noutro subapartado de este mesmo menú.
RECLAMACIÓNS E QUEIXAS ONLINE
Documentos