Recomendamos seguir usando máscara en ascensores aínda que xa non é obrigatorio
No Colexio Oficial de Administradores de Leiras de Galicia -COAFGA- que agrupa a máis de 600 profesionais ejercientes, recomendamos o uso de máscaras e seguir mantendo a distancia de seguridade en ascensores e espazos comúns de edificios nos que non haxa ventilación, especialmente en caso de persoas vulnerables, aínda que, tal e como queda recollido no BOE publicado o pasado mércores 20 de abril, o tapabocas xa non é obrigatorio.
A norma establece que as máscaras só esixiranse en centros, servizos e establecementos sanitarios, en caso de ser traballador ou visitante e en todo tipo de transporte público. Nas demais situacións, usala será recomendable en determinados casos como en eventos multitudinarios, aglomeracións e compartir espazos con persoas vulnerables. Tamén se se teñen síntomas compatibles con COVID ou se foi positivo recentemente.
O Real Decreto publicado non especifica nada máis, pero deixa vía libre ás empresas a que establezan normas concretas se consideran que hai risco de contaxio. O mesmo sucede nos colexios privados e en todo tipo de establecementos, onde se poden reservar o dereito de admisión en caso de non levala.
Portal, piscina e xardíns comunitarios
Desde o Colexio de Administradores de Leiras de Galicia lembramos que “as comunidades de propietarios poden establecer normas de réxime interior que rexan nas súas zonas comúns como ximnasios, piscinas, xardíns ou o portal e escaleiras e pero non teñen capacidade sancionadora e non é efectivo, e menos se non hai unha norma que o xustifique polo que non poderán obrigar ao uso de máscaras aínda que si recomendalo”.
"Con esta nova regulación todos podemos acudir a calquera espazo para calquera tipo de actividade sen que sexa obrigatorio o uso da máscara, un criterio que tamén é de aplicación para os diferentes espazos existentes en edificios dado que as zonas comúns das comunidades de propietarios non son unha excepción”.
"Se unha persoa entra sen máscara nun ascensor, outro veciño pode decidir non entrar ou entrar con máscara, se así o considera, pero en ningún caso pode recriminar o que alguén o faga sen máscara. Aconsella explíquese ao veciño que non vai entrar porque prefire ir só e usar máscara, para evitar malos entendidos e malas relacións veciñais. Con educación pódense explicar as cousas e evitar problemas” din os responsables do noso COAFGA.
Ademais recomendamos actuar con prudencia e sentidiño porque aínda non superamos a pandemia da COVID-19 e é aconsellable estar protexido nos casos de contacto continuado nos que non se poida manter a distancia de seguridade.