O COAFGA pide ás comunidades con piscina que activen medidas de aforro de auga
O Colexio Oficial de Administradores de Inmobles de Galicia alíñase co Consello Andaluz para pedir ás comunidades de propietarios de vivendas con piscina que adopten medidas de aforro de auga ante os anuncios dun verán moi seco na nosa comunidade autónoma.
Os AF Colexiados galegos recomendan medidas como a instalación sistemas de reciclaxe e recuperación de auga, así como dun adecuado sistema de limpeza e filtración que requiran un baixo consumo de auga para reducir a cantidade de residuos que acaban no filtro.
Tamén aconsellan o uso de pulsadores de tempo limitados en duchas e billas e evitar uso de auga potable para a rega de xardíns e zonas verdes, así como para a rega ou baldeo de beirarrúas. En definitiva medidas que queren anticiparse e evitar posibles cortes ou racionamentos de auga na época estival, de ter o escenario de seca que prognostican os expertos.
Desde o Coafga lembran que, segundo os datos da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), os veráns en España volvéronse cada vez máis cálidos desde a década de 1980 con ondas de calor cada vez máis frecuentes e intensas.
Ademais, comprobouse que duran cinco semanas máis con respecto a finais do século pasado, ao ritmo nove días máis por década. "Isto levou a un maior risco de incendios forestais, secas e problemas de saúde relacionados coa calor, como golpes de calor e deshidratación"
Outras recomendacións para piscinas
Ademais das medidas de aforro sinaladas, desde o COAFGA lembran que as normas para poder gozar das piscinas comunitarias ponas a propia xunta de propietarios, especificando o seu uso, aforamento e o horario de apertura. É a xunta a que decide tamén se poden entrar mascotas ou se se prohibe o uso de colchóns ou pelotas.
Os AF aclaran, ademais, que os veciños que viven de aluguer poden gozar da piscina comunitaria igual que o resto dos propietarios, ao gozar dos mesmos dereitos que estes. Tamén insisten en que non é obrigatoria a contratación dun socorrista.
Entrada prohibida
Tamén lembran que a comunidade de propietarios pode impedir que os veciños con débedas gozar das piscinas e outros servizos non esenciais, previo acordo da xunta.
A entrada ás piscinas comunitarias tampouco está permitida para aquelas persoas con praza de parking no edificio, pero que non teñan unha vivenda na comunidade.
Desde o COAFGA tamén recomendan contratar un seguro de responsabilidade por posibles accidentes e lembran que é obrigatorio que as medidas acordadas sobre o uso de piscinas estean visiblemente sinalizadas nos lugares comúns do recinto para o seu debido cumprimento.