04 de Outubro de 2022

O COAFGA alerta de que moitos pisos que se alugan a estudantes non son habitables

Moitos deles teñen un prezo excesivo ou presentan numerosos danos

O Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia - COAFGA - alerta de que moitos inmobles que se alugan en Galicia a estudantes universitarios están en malas condicións, segundo puxeron no seu coñecemento despachos  de Santiago de Compostela, A Coruña e Lugo.

 

Desde a corporación lembran que os pisos deben estar aptos para o seu uso e que se pode negociar coa parte arrendataria a execución das obras, pois así o permite a actual lexislación, pero que, en todo caso, deben ter unhas condicións mínimas de habitabilidade. Ademais, manifestan que  os pisos teñen que dispor de instalacións seguras e actualizadas de gas, electricidade e auga.

Humidades insalubres ou danos graves

Pódense considerar non aptos para ser habitados aqueles pisos que teñan graves danos ou humidades insalubres, situación na que se atopan algúns inmobles que están no mercado de aluguer.

Tamén sinalan que as fianzas que se piden son precisamente para reparar os danos que se puidesen producir durante o tempo que o inmoble estea alugado e lembran que tamén se poden reclamar outras garantías de pago para garantir reparacións ou o cobro de rendas.

Mesmos dereitos para os estudantes

Recalcan ademais que o colectivo de estudantes goza dos mesmos dereitos que calquera arrendatario e que os pisos que se poñan en aluguer para eles han de ser adecuados, especialmente se o prezo é elevado, como ocorre con frecuencia.

Prohibido molestar

Desde o COAFGA tamén sinalan que non se poden facer festas nocturnas nos pisos que molesten ao resto dos veciños do edificio, sendo isto e o pouco coidado dos inmobles os maiores inconvenientes de alugar a este colectivo, segundo os arrendadores.

Por último, desde Colexio recomendan aos mozos que coa firma do contrato esíxase o Certificado Enerxético da Vivenda e, despois de asinado, o xustificante de depositar a fianza no Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Subvencións do programa bono aluguer (ata o 31 de outubro de 2022)

Os administradores de fincas colexiados tamén lembran que ata o próximo 31 de outubro está aberto o prazo para solicitar subvencións do Programa Bono Aluguer Novo da Xunta de Galicia orientadas a facilitar o goce dunha vivenda ou habitación en réxime de aluguer ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.

CONSELLOS DE ALUGUER PARA ESTUDANTES

  1. Busca, compara e, se atopas algo mellor, cambia. (tómache o teu tempo).
  2. Non te enganes: as gangas non existen.
  3. Non aceptes pagar por ver unha vivenda
  4. Nunca alugues sen ver antes a vivenda.
  5. Non alugues se a vivenda ten danos ou está en mal estado.
  6. Comproba estado das instalacións.
  7. Procura inclúase no contrato a todos os estudantes que van arrendar.
  8. Ten a túa documentación preparada e o diñeiro da fianza a man.
  9. Para pechar o contrato é moi importante ter a documentación do pai/nai que vaia como avalista ou as garantías de pago que poida pedir o arrendador. Esta parte pode marcar a diferenza entre que che aluguen ou non con máis rapidez. A maioría de propietarios quere seguridade.
  10. Feixe ver  que es unha persoal formal.
  11. Pide sempre unha copia do contrato.
  12. Esixe Certificado Enerxético da Vivenda coa firma do contrato e despois o xustificante do depósito da fianza.
  13. Diríxeche a un profesional colexiado para asesorarche. Busca a casiña!