Asinamos un convenio de colaboración coas empresas Teuvento Passivhaus e Stechome
O COAFGA porá en marcha un servizo de atención telefónica para que os seus despachos poidan realizar consultas sobre rehabilitación enerxética con contestación en 48 horas. Os colexiados tamén disporán dunha plataforma online para planificar actuacións rehabilitadoras nos inmobles que xestionan.
A través dunha web específica, os profesionais poderán identificar e planificar os pasos que deben realizar para xestionar a súa carteira de edificios e os derivados da rehabilitación dos mesmos, ante a inminente convocatoria dos fondos Next Generation por parte da Xunta de Galicia.
Ambos os servizos vanse a poder implementar en virtude do convenio de colaboración subscrito esta semana entre o COAFGA e as empresas de construción e enxeñaría Teuvento Passivhaus e Stechome, que porán a disposición dos profesionais colexiados e as comunidades que administran a súa know how e o desenvolvemento tecnolóxico que as converteu en líderes no sector.
O acordo, cunha vixencia dun ano, tamén inclúe un curso de formación para os administradores de inmobles colexiados que se desenvolverá a finais deste mes de marzo.