Os AF reclamamos a colexiación obrigatoria nas III Xornadas Jacinto Peleteiro
Máis dun centenar de Administradores de Inmobles de toda España, entre os que se atopaban o Presidente do Consello Xeral de Administradores de Inmobles de España; Pablo Abascal González; a Vicepresidenta do Colexio Profesional de Administradores de Madrid, Mª Isabel Ocaña Sánchez; a Presidenta Colexio de Administradores de Inmobles de Córdoba, Mercedes Romeu Balsera; o Presidente de Colexio de Administradores de Inmobles de Valencia e Castelló, Sebastián Cucala Crespo; o Presidente do Colexio de Administradores de Inmobles de Barcelona-Lleida, Lorenzo Viñas Periz; o Presidente do Colexio Territorial de Administradores de Inmobles de Granada, Rafael Martin -Ambel Gómez; o Presidente do Colexio de Administradores de Inmoblesde Málaga e Melilla- Manuel Jiménez Caro; a Vicepresidenta do Colexio de Administradores de Inmobles de Tarragona, Ana Bozalongo Antoñanzas; a Presidenta do Colexio de Administradores de Inmobles de Albacete e Cuenca- Chairos Jativa Villoldo; o Vogal 1º do Colexio de Administradores de Inmobles de Asturias- Luís Manuel Rodríguez Suárez, así como todos os membros do COAFGA, encabezados pola súa presidenta, Teresa Suárez Agrasar, reclamaron esta mañá a colegiación obrigatoria para poder exercer a profesión.
Os responsables colexiais, que acudiron á Coruña para participar nas III Xornadas Jacinto Peleteiro organizadas polo COAFGA, pediron que se “deixen de pór parches á Lei de Propiedade Horizontal e quixeron deixar constancia do seguinte:
- A Lei 12/23 de 24 de maio polo dereito á vivenda, sinala que “para exercer a actividade débese ter a capacitación profesional requirida e cumprir as obrigacións legais e regulamentarias que sexan esixibles”.
- O decreto 623/1968 de 1 de abril que organizou corporativamente a actividade profesional tamén estableceu a colexiación como requisito indispensable para o seu exercicio.
- O artigo 13.5 da Lei de Propiedade Horizontal establece que os Administradores de Leiras requiren cualficación profesional e legalmente recoñecida. No artigo segundo do decreto 693/1968 que define o exercicio profesional determínase que deberán estar colexiados.
- O RD 472 / 2021 do 29 de xuño establece que por motivos de interese público como son a protección de dereitos, a boa fe nas transaccións comerciais, a protección da contorna urbana e os obxectivos de política social a colegiación debe ser obrigatoria.
- Hai unha Sentenza do Tribunal Supremo que recoñece que utilizar a marca “Administrador de Inmobles” sen estar colexiado leva a unha confusión no mercado dos consumidores de servizos, polo que o fallo da sentenza establece que para denominarse “Administrador de Inmobles” hase de estar colexiado no correspondente Colexio Profesional de Administradores de Inmobles. Por tanto, nesta sentenza establécese a exclusividade da denominación “Administrador de Inmobles” só para os profesionais que constan inscritos nun Colexio Territorial de Administradores de Inmobles. (Sentencia TS de data 8/11/2016).
Vantaxes e garantías
Os presidentes dos colexios tamén lembraron que acudir a un profesional colexiado ten numerosas vantaxes e garantías como o respaldo dun seguro de responsabilidade civil; formación permanente e a existencia dunha Comisión Ética como órgano de vixilancia con posibilidade de sanción e expulsión, entre outras.
O Presidente do IGVS destacou o apoio do COAFGA
O presidente do IGVS, Heriberto García Porto, destacou onte venres na inauguración das Xornadas a colaboración do COAFGA en materia de vivenda e recalcou que a Xunta de Galicia está en contra da Lei de Vivenda, porque non dá garantías ao pequeno propietario, e na declaración de Zona Tensionada, pois retrae a oferta de vivenda, o que provoca unha subida dos prezos.
García Porto anunciou ademais que a Xunta de Galicia porá en marcha o Pacto de Vivenda 2024-2030 para executar os Fondos Europeos Next Generation.
Pola súa banda, o maxistrado do Tribunal Supremo, Vicente Magro, defendeu a creación dun Rexistro de Morosos que dea garantías aos propietarios que queiran alugar a súa vivenda e declarou que non se pode cargar sobre os ombreiros destes os problemas de vivenda.
Tamén defendeu que o desaloxo dos okupas debería poder realizarse en 72 horas e non ter que esperar a comprobar que o okupante é vulnerable mentres o propietario non pode entrar na súa vivenda, ademais de ter que facerse cargo de todos os gastos. “Agora é rendible a okupación porque ata que pasan 2 anos non desalóxanche”, denunciou.
Vicente Magro sinalou que, “hai que defender ao propietario porque se se ve desprotexido non pon o seu vivenda en aluguer, e agregou que, “actualmente hai inseguridade xurídica e desconfianza no sistema”.
O maxistrado do Tribunal Supremo tamén alertou sobre a Inquiokupación, unha nova modalidade de okupación na que se pagan o primeiro e segundo mes e despois déixase de abonar o aluguer e que pode retardar o desaloxo ata 3 anos. Neste sentido, recomendou incluír unha cláusula de inquiokupación nos contratos de arrendamento.
Con respecto ás VUT, Vicente Magro aclarou que, “se a Comunidade Autónoma autorízaas na zona, a comunidade de propietarios non as pode prohibir no seu edifcio a non ser que haxa quórum na votación da Xunta. “Non vale a aprobación de 3/5- aclarou- e lembrou que, “xa se están presentando demandas de propietarios de VUT a comunidades por lucro cesante por este motivo”.
Nas xornadas tamén contaron cos seguintes relatores: Eduard Banqué Bové, Responsable mercadotecnia Iberia Despachos Profesionais; Xema Caballé Frabra, doutora en Dereito; Ana Bozalongo Antoñanzas, Asesoira xurídica CAF Tarragon e Vitor Amaral.
Patrocinadores:
O evento contou co patrocinio de Repsol, Grupo LAE, Xenera, Murprotec, Otis-Enor, Banco Sabadell, Grupo Visalia e Zulux, compañías que colaboran habitualmente cos colexiados e que durante estas xornadas tamén realizarán unha presentación dos seus servizos e produtos a todos os asistentes.